11/2/09

L. Linux. Fundador. Orixe. Breve historia.

Linux é unha familia de sistemas operativos similares a Unix (Unix-like) que empregan o Kernel de Linux. Linux é un dos máis relevantes exemplos de software libre e do sistema de desenvolvemento de código aberto. Xa que é software libre todo o seu código pode ser modificado, usado e redistribuído por calquera que así o desexe baixo os termos da licenza GPL. O proxecto foi iniciado polo daquela estudante universitario Linus Torvalds no ano 1992 inspirándose en Minix.
O nome Linux procede do Kernel de Linux, escrito orixinalmente por Linus Torvalds no ano 1991. As ferramentas de sistema e as librarías proceden habitualmente do sistema operativo GNU, anunciado no ano 1983 por Richard Stallman. A contribución da GNU é a base para o nome alternativo de GNU/Linux .
Coñecido polo seu uso predominante nos servidores, é instalable nunha amplia variedade de hardware, tando embebido en dispositivos coma en móbiles, ordenadores persoais, coma supercomputadoras.

O UNIX, que fora creado por Bell Labs en 1972, foi distribuído gratuitamente nun principio mais deixou de selo durante os anos 80, cando era o sistema operativo preferido nas universidades. Estas optaron por usar Minix, unha versión barata e limitada creada para ensinar. Linus Torvalds, que na altura estudaba na Universidade de Helsinki, usaba Minix na casa pero non gustaba das súas limitacións e comezou a escriber o seu propio sistema operativo como entretemento. O 25 de agosto de 1991, Linux anunciou o seu proxecto en usenet e atraeu a atención de numerosos hackers de todo o mundo.
Linus puxo o kernel que creara a disposición de quenquera que lle interesase. O kernel, ou núcleo, é o sofware que permite que corran todos os demais programas: organiza a multitarefa, xestiona os dispositivos de hardware e permite que se executen as aplicacións. Todos os programas cos que interacciona o usuario corren por riba do kernel. Algúns son esenciais, como o intérprete da liña de comandos ou consola, que se usa tanto interactivamente como para escreber scripts. Linus non escribiu estes programas el mesmo, senón que usou versións libres xa existentes, o que reduciu enormemente a cantidade de traballo precisa para lograr un contorno que funcionase. A maioría deste software, incluído o compilador de C, proviña do Proxecto GNU da Fundación polo Software Libre. Creada en 1984 por Richard Stallman, o seu obxectivo é o desenvolvemento dun sistema operativo completo tipo Unix totalmente libre. É por esa razón que se usa a denominación GNU/Linux. O Proxecto GNU ten o seu kernel propio, chamado Hurd.
Durante os dous anos seguintes, o kernel de Linux reuniu todas as características necesarias como para substituír a Unix, incluído TCP/IP e un sistema de xanelas (o X Window). Aparte de numerosos programadores individuais, apareceron empresas que comezaron a contribuír e distribuir Linux. Naceron grupos de usuarios locais e a comezos de 1994 iniciouse a publicación da revista Linux Journal.
A versión 1.0 do núcleo de Linux fíxose pública en marzo de 1994. Desde entón, o kernel continuou a desenvolverse velozmente baixo a “ditadura benévola” de Linus Torvalds, que ten a última palabra sobre o que se modifica ou engade ao núcleo. A publicación do navegador web Netscape como “software libre” en 1997 supuxo un empurrón importante para todo o traballo que se viña facendo baixo este concepto. Na actualidade, Linux está substituíndo a Unix no sector no que este predominaba, o dos servidores, e está abarcando máis e máis ámbitos de uso en detrimento doutros sistemas operativos comerciais.

Información sacada de:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linux

Con qué fin foi creado LInux?
Quén foi o creador de Linux?

No hay comentarios: