12/2/09

Sistemas operativos para ordenadores e sistemas operativos para tfnos móbiles, mp3 e mp4.



SISTEMAS OPERATIVOS:

1. Proporciona a interface co ordenador sobre unha pantalla en forma de:
intérprete de comandos (a interface usuario-ordenador): permite que o usuario se poida comunicar co
ordenador, xa sexa mediante unha liña de comandos ou mediante gráficos:
liña de
comandos: Interface en "modo texto" - Dende a liña de comandos, ou "consola", introdúcense as ordes ou comandos; despois do "prompt" Ex.:MS-DOS, UNIX, GNU/Linux, AmigaOS.
Interface gráfica - Mediante o uso do rato, facendo clic sobre figuras chamadas
iconas, ou seleccionando opcións nun menú. Ex.: Windows, MacOS, GNU/Linux, AmigaOS.
chamadas ao sistema (a interface aplicación-ordenador): ver o punto 4





2. Administra os dispositivos hardware do ordenador. Cando se executan os programas, estes necesitan utilizar a memoria, o monitor, as unidades de disco, os portos de entrada/saída (impresoras, módems, etc.) O SO serve de intermediario entre os programas e o hardware.





3. Administra e mantén os sistemas de arquivos dos discos. Os SOs agrupan a información dentro de compartimentos lóxicos para almacenala no disco, chamados arquivos ou ficheiros. O SO mantén unha lista dos ficheiros dun disco, e proporciónanos as ferramentas necesarias para organizar e manipulalos.





4. Xestiona as chamadas ao sistema: Proporciona servizos a outros programas, a través de librerías que conteñen tais servizos, que permiten ás aplicacions executar os comandos do sistema operativo. Estas instrucións coñécense coma "chamadas do sistema"









Os teléfonos móbiles tamén teñen os seus propios sistemas operativos, aínda que son menos famosos que os de PC. Con todo, así como o mercado dos sistemas operativos para PC está dominado por Windows, no caso dos móbiles hai máis competencia. A maior parte do pastel repártenllo entre tres sistemas: Windows, Symbian e Linux.



No hay comentarios: